22/12/23
OBRADOIRO DE GOSPEL
O gospel é un xénero musical caracterizado polo uso dominante de coros co uso da armonía. As nenas e os nenos de 3º e 6º así o aprendemos no obradoiro deste xeito de interpretar un tema.
8/12/23
2º CICLO ECOSISTEMAS ACUÁTICOS
Para coñecer de primeira man os ecosistemas acuáticos mariños, as nenas e nenos do 2º ciclo marcharon a O Grove e visitaron o seu acuario.
3/12/23
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA DA MULLER
Sumarnos a un berro, sumarnos a unha petición, sumarnos a unha ilusión...NON Á VIOLENCIA CONTRA DA MULLER!
26/11/23
CURSO DE VELA
Esta semana o alumnado de 3º marchou a Sanxenxo para sucar os mares. Unha resplandecente mañá de novembro para esta toma de contacto co deporte marítimo.
23/11/23
CONTEXTOS E MASCOTAS
Continuamos a traballar por contextos coñecendo o noso corpo e o seu funcionamento. Esta semana tamén recibimos unha visita moi especial... a das nosas mascotas!
22/11/23
CARREIRA CAMPO A TRAVÉS
A choiva deunos unha tregua e alá marchamos á Carreira Campo a través. Día de deporte, competición, convivencia e recoñecementos. O mellor, poder participar xunto a nenas e nenos doutros lugares.
11/11/23
MAGOSTO
A festa das castañas, o magosto, pasado por auga , pero con celebración por todo o alto. Obradoiro de baile tradicional coa teacher Alba, xogos populares no túnel e degustación do saboroso froito do castiñeiro. Que máis pedir ?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
