2/5/23

TEATRO CARACOL

Un ano máis o Teatro Caracol de Cambados agasallounos cunha obra de teatro. Esta vez nada máis e nada menos que unha adaptación dun dos "Autos Sacramnetais" do insigne Calderón de la Barca. "O gran teatro do mundo ",levaba por título, sorrisos,risas, música...Que grande!


!     

A REMAR!!!

Iniciación ao piragüismo protagonizado polas chicas e polos chicos de 6º. Remando ao vento!

UN ESTANQUE CHEO DE VIDA

Un pequeno ecosistema no noso centro. o estanque, un lugar onde aprender a respectar aos seres vivos que nos arrodean.

 

CITA CUN LIBRO

Xogo de intriga...que libro será? Cinco pistas e unha semana para adiviñalo...Fostes quen de facelo???Así celebramos o Día do Libro e dos Dereitos de Autor.

 

CREANDO SOBRE BOLSAS ECOLÓXICAS

Activade ofertada por A Fundación que lle permitiu ao alumnado de 3º e 4º crear sobre bolsas con pintura ecolóxica.

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

Promovida por A Fundación unha actividade na que decoramos un dos muros do noso centro con pinturas ecolóxicas cun resultado moi vistoso.
.

UNHA BIBLIOTECA CADA VEZ MÁIS ACOLLEDORA

A casiña de Raticonto cada vez máis cuca...un espazo moi acolledor onde compartir ratiños de lecer en boa compaña.