22/12/22
3 de decembro. Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional.
A inclusión é condición esencial para o respecto aos dereitos humanos a sostibilidade, a paz e a seguridade. "Non deixar a ninguén atrás" debe ser a nosa premisa. Respectar os dereitos das persoas con diversidade funcional non é só cuestión de xustiza senón unha inversión no noso futuro en común.
11/12/22
PLAN DIRECTOR
Como vén sendo habitual nestes últimos cursos, o alumnado de 5º e 6º participou nas charlas sobre violencia de xénero e ciberacoso ofertadas polo Plan Director.
Charla sobre a disposición correcta do lixo.
Voz Natura ofreunos, da man do Concello de Meaño, unha charla sobre como colocar o lixo no seu contenedor axeitado, ademais do impotante que é tomar conciencia do coidado da nosa contorna, sentindo onde vivimos e facendo todo o posible por mantela limpa. Recordade:
NON TEMOS PLANETA B!!!
7/12/22
Obradoiro reciclaxe papel 5º e 6º
Obradoiro de Voz Natura no que soubemos desde a procedencia do papel, o que se empregaba antes do seu invento, quen o trouxo ata nós, distintas texturas...e, finalmente, como reutilizalo. Concienciarnos da reciclaxe e da súa importancia para coidar a nosa contorna e, por ende, o noso planeta. Recordade que non temos planeta B!!!
En 1º B reciclamos papel
Obradoiro de Voz Natura.As nenas e os nenos de 1º B aprendemos como se recicla papel.
25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero
Porque pensamos que un futuro sen violencia contra a Muller é posible con Educación, Sensibilización e Empatía.
2/12/22
Magosto 2022 nos Pasales
Mañá con sol, paseo, Pasales, xogos populares, música, baile, castañiñas recén asadas e diversión, moita
diversión...quen dá maís?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)