8/12/21

BO TRATO

Novembro foi un mes adicado ao Bo Trato como ben o anunciaba o mural da entrada do colexio. Celebracións como o Día Internacional dos Dereitos dos nenos e nenas e o Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero protagonizaron o penúltimo mes do ano.

22/11/21

Carreira Campo a Través 2021. Desfrutando co deporte escolar

O día 17 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participou na xornada de campo a través en Portonovo, dento do programa Xogade da Consellería. Pasámolo xenial!! 

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

O mércores pasado marchamos a Portonovo para participar na carreira campo a través do XOGADE.

20/11/21

MAGOSTO NOS PASALES

O pasado venres marchamos aos Pasales celebrar o magosto. Paseo, xogos, música, grazas ao grupo Penaguda!, baile, xogos e, como non, castañiñas ricas. Un día de outono distinto e disfrutón.

5/11/21

Samaín de medo no CEIP Coirón-Dena

O máis esperado sempe nestas datas é o túnel do medo. Este curso retomamos esta actividade con algunha variante, este ano fixéronse 4 espazos decorados cun gusto "arrepiante" e sorprendente. Contar cos pais e nais para isto é realmente fantástico e dende aquí queremos agradecerlles o gran traballo e esforzo que tiveron que facer para que todos e todas disfrutáramos desta "terrorífica experiencia", cada ano van superándose tanto en decoración como en posta en escea, menudos actores e actrices!!! Na Voz de Galicia, podedes ver un estupendo vídeo que fixeon dunha das 4 salas, iso si, coidado que mete medo!!! Enlace: https://www.facebook.com/vozarousa/videos/943801543012085/