5/11/21
Samaín de medo no CEIP Coirón-Dena
O máis esperado sempe nestas datas é o túnel do medo. Este curso retomamos esta actividade con algunha variante, este ano fixéronse 4 espazos decorados cun gusto "arrepiante" e sorprendente. Contar cos pais e nais para isto é realmente fantástico e dende aquí queremos agradecerlles o gran traballo e esforzo que tiveron que facer para que todos e todas disfrutáramos desta "terrorífica experiencia", cada ano van superándose tanto en decoración como en posta en escea, menudos actores e actrices!!!
Na Voz de Galicia, podedes ver un estupendo vídeo que fixeon dunha das 4 salas, iso si, coidado que mete medo!!!
Enlace: https://www.facebook.com/vozarousa/videos/943801543012085/
4/11/21
Cabazas e decoración do Samaín
E por fin chegou o tan esperado Samaín, este ano xa puidemos recuperar moitas das actividades que acostumamos a facer. Nesta pimeira entrada do Samaín podedes ver a exposición de cabazas que os vosos nenos e nenas trouxeron ao colexio e a decoración que se podía ver polos cxorredores do colexio. Como sempre agradecer e recoñecer o voso gran esforzo como familias na elaboración de cabazas tan traballadas e terroríficas, sodes uns e unhas artistas!!
Contacontos de medo
E nun día como este é importante que os nenos e nenas tamén poidan disfrutar de terroríficas e arrepiantes historias de medo. Aquí tedes unhas instantáneas nas que podedes ver que atentos estaban aos contos e non vos digo as cariñas que algúns poñían....
24/6/21
1/3/21
21/2/21
Día da Paz 2021
Celebramos o Día da Paz en canto o tempo nolo permitiu e non faltou de nada, banderolas, manifestos, bailes...Foi unha bonita celebración!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)