4/11/21

Cabazas e decoración do Samaín

E por fin chegou o tan esperado Samaín, este ano xa puidemos recuperar moitas das actividades que acostumamos a facer. Nesta pimeira entrada do Samaín podedes ver a exposición de cabazas que os vosos nenos e nenas trouxeron ao colexio e a decoración que se podía ver polos cxorredores do colexio. Como sempre agradecer e recoñecer o voso gran esforzo como familias na elaboración de cabazas tan traballadas e terroríficas, sodes uns e unhas artistas!!

Contacontos de medo

E nun día como este é importante que os nenos e nenas tamén poidan disfrutar de terroríficas e arrepiantes historias de medo. Aquí tedes unhas instantáneas nas que podedes ver que atentos estaban aos contos e non vos digo as cariñas que algúns poñían....

 

21/2/21

Día da Paz 2021

Celebramos o Día da Paz en canto o tempo nolo permitiu e non faltou de nada, banderolas, manifestos, bailes...Foi unha bonita celebración!!