20/3/17
EDUCACIÓN VIARIA
Concienciando ao alumnado sobre as normas de circulación como conductores e peóns. Pasámolo xenial!
17/3/17
O PATIO QUE QUEREMOS...
Hoxe visitáronnos as arquitectas que nos van a axudar a crear o patio que queremos.
14/2/17
DÍA DA PAZ
Un ano máis celebramos no colexio o Día da Paz baixo o lema: " Non ás fronteiras, si ás persoas!
Despois de que Lois lese o manifesto a prol da paz e a non violencia, bailamos todos xuntos ao ritmo da canción "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes.
Para rematar soltamos unha chea de globos para simbolizar o noso desexo de que a paz chegue a todos os recantos do mundo.
5/1/17
Festival Nadal 2016
Para rematar o trimestre, os Reis Magos visitaron o CEIP Coirón Dena e compartimos con eles os nosos mellores desexos e as actuacións que tiñamos preparadas para o Festival de Nadal.
Esta noite pasarán polas vosas casas para deixarvos os agasallos, así que, bulide e ide cedo para a cama.
Felices Festas!
9/12/16
10/11/16
Cabazas premiadas no Concurso
Aquí vos deixamos as cabazas premiadas no Concurso de Cabazas deste ano. Os premios entregaranse o día 25 durante a celebración do Magosto.
Grazas por estas marabillas e por todo o agarimo e ilusión que poñedes en todas esas cabazas que encheron as mesas do colexio!!
Grazas por estas marabillas e por todo o agarimo e ilusión que poñedes en todas esas cabazas que encheron as mesas do colexio!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)