4/6/24
LETRAS GALEGAS 2024 Ceip Coirón
Estas Letras Galegas fixemos moitas actividades divertidas e variadas...Foron días moi produtivos e cheos de pequenas sorpresas polo que queremos compartir con vós algúns momentos significativos, de seguro que algo quedou na cabeciña e nos corazóns do noso alumnado.
3/6/24
Ratinova Press do curso 2023-24
Unha vez mais os reporteiros e reporteiras que o noso alumnado leva dentro fixo posible que xa teñamos unha nova edición da Ratinova Press!!
Esperamos que vos guste tanto como a nós!
(Para vela en tamaño grande só debedes clicar enriba dela)
10/3/24
1/3/24
MULTIDEPORTE 6º
VIsita das e dos maiores de Vilalonga para gozar dunha xornada deportiva xunto cas e cos compañeiras e compañeiros de 6º do noso cole.
COMO EVITAR RISCOS NO NOSO COLEXIO
As chicas e chicos de 5º e 6º elaboraron, en Contextos, un decálogo sobre os riscos que corremos no noso centro e como evitalos. A segunda parte da tarefa consistía en explicarllo á rapazada dos demais cursos.
21/2/24
18/2/24
15/2/24
VISITA DA ESCRITORA BAIA FERNÁNDEZ
A autora de "Caracol, cara de col" visitou hoxe a casa de Raticonto para acompañar á rapazada do 1º Ciclo e contarlles a aventura da creación do seu libro.
PILABOT
Hoxe as nenas e os nenos de 5º tiveron unha charla sobre PILABOT, o concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros educativos, no que o noso centro está a participar.
10/2/24
27/12/23
Chegada dos Reis Magos ao CEIP Coirón Dena
Os Reis Magos chegaron este ano en tren ao colexio e logo bailaron cos seus elfos un baile de Nadal de moda. Grazas Reis, grazas Concello de Meaño por traelos en tren e grazas ANPA Sementeira por todo o que facedes no colexio!!
Feliz Nadal 2023!
O Nadal trae marabillosos momentos ao noso colexio, nestas fotos podedes ver unha mostra deste ano: chegada dos Reis en tren, bailes, cancións, festas, búsqueda dos adornos extraviados polos elfos da árbore de Nadal... Un día para lembrar!!
22/12/23
DIIVERSIDADE FUNCIONAL 2023
Un día de concienciación sobre o diversas e diversos que somos, sobre como sobrepoñernos ás trabas que, ás veces nos pon a vida, a ser resilientes e , sobre todo, a RESPECTAR.
OBRADOIRO DE GOSPEL
O gospel é un xénero musical caracterizado polo uso dominante de coros co uso da armonía. As nenas e os nenos de 3º e 6º así o aprendemos no obradoiro deste xeito de interpretar un tema.
8/12/23
2º CICLO ECOSISTEMAS ACUÁTICOS
Para coñecer de primeira man os ecosistemas acuáticos mariños, as nenas e nenos do 2º ciclo marcharon a O Grove e visitaron o seu acuario.
3/12/23
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA DA MULLER
Sumarnos a un berro, sumarnos a unha petición, sumarnos a unha ilusión...NON Á VIOLENCIA CONTRA DA MULLER!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















